|
A Calidade da Audición comeza pola perfecta detección dunha posible perda auditiva. Isto só é posible se contamos cos mellores aparellos de Medición.
O vídeo-otoscopio permítenos ver con total nitidez o conduto auditivo, logo a última tecnoloxía en audiometros levaranos determinar con precisión o nivel de audición en cada unha das frecuencias. As persoas que sofren unha perda auditiva, non simplemente queren oir mellor, senón que desexan unha solución que sexa atractiva e cómoda na súa vida cotiá e profesional. Se vostede está buscando un Audífono de alta calidade, quizais sexa o momento de estudar a gama de opcións que lle ofrecemos no Departamento de Audioloxía de Central Optica. 
Outra das facetas nas que destaca o noso persoal especializado é a Rehabilitación Auditiva infantil. Unha perda auditiva nun neno ten, hoxe en día, altas posibilidades de recuperación... en Central Optica sabémolo, e estamos preparados para ofrecerlle solucións.
No noso Departamento de Audioloxía só atopará a mellor gama en aparellos auditivos, en Central Optica representamos aos mellores laboratorios de investigación e fabricación de aparellos Auditivos.
|