|
A adaptación de Lentes de Contacto é un proceso cada día máis cómodo, pero non por iso deixa de ser necesaria unha avaliación persoal das características do ollo e as necesidades particulares do futuro usuario. O servizo de Contactoloxía de Central Optica estuda minuciosamente cada caso antes de aconsellar a adaptación dunha determinada lente de contacto. O noso coñecemento sobre este produto deu como resultado un máximo nivel de adaptación.

Todo o proceso de adaptación realizarase coa máxima seguridade, e iso só é posible mediante a utilización de sofisticados aparellos de medición e análise.
O Queratómetro Computerizado permite coñecer con exactitude o radio corneal garantindo a perfecta adaptación entre a lente de contacto e o ollo humano, o cal certifícase unha completa revisión na nosa Lámpada de fendidura.
Periodicamente o usuario de lentes de contacto realizara unha completa revisión visual e comprobara o perfecto estado das súas lentes, Central Optica ofrécelle unha análise gratuíta das súas lentes de contacto.
|