En Central Óptica preocupámonos pola túasaúde visual; para iso completamos a instalación do Servizo de Retinografía no noso centro da Avda. Finisterre. Deste xeito, podemos ofrecelo en todos os nosos gabinetes de Optometría.
O estudo da retina resulta especialmente importante en pacientes con problemas de Hipertensión arterial, Diabetes Mellitus, Glaucoma, Retinosis pigmentaria, entre outros. Neles, oscontrois periódicos son necesarios e requiren dun correcto seguimento da súa retina para previr futuras complicacións.




A Dexeneración Macular Asociada á Idad (DMAI) e a Retinopatía Diabética son as principais causas de cegueira en pacientes de idade adulta.
Para unha detección precoz de ambas patoloxías, en Central Óptica dispoñemos de retinógrafos non midriáticosque nos permiten a exploración fotográfica da retina dunha forma sinxela e inocua para descartar calquera síntoma relacionado con estas enfermidades.
Entre as vantaxes da cámara non midriática atópase que non necesita a instilación de pingas dilatadoras de pupilas para realizar o estudo, o que evita as molestias visuais que provocan as mesmas de manera temporal.
Unha vez realizada a proba as imaxes son analizadas por un equipo oftalmolóxico experto en patoloxías da retina. Entregaráselle un informe, en soporte impreso e dixital, e en caso necesario remitiráse ao especialista correspondente.
As iniciativas orientadas á prevención, como a avaliación da retina cos novos retinógrafos non midriáticos de Central Óptica, son algunhas das mellores ferramentas para o coidado da súa saúde visual.




Nas nosas ópticas da Coruña ofrecémosche un informe con orientación diagnóstica realizada por un equipo oftalmolóxico experto en patoloxías da retina.
As iniciativas orientadas á prevención como aavaliación da retina co novo retinógrafo non midriático TRC-NW300 de Central Óptica son algunhas das mellores ferramentas para o coidado da túa saúde visual.
Importancia do diagnóstico precoz da retinopatía diabética
• En España hai uns 3.400.000 diabéticos
• Crecemento dun 5% anualmente
• No mundo estímase que poderían chegar aos 300 millóns en 10 anos
• 10% teñen un déficit visual severo ao cabo de 15 anos
• Principal causa de cegueira en pacientes menores de 50 anos
• Necesidad de exames oftalmolóxicos periódicos – Anual (mínimo)– Con máis frecuencia (no caso de existir retinopatía)
Dexeneración macular asociada á idade
• 750.000 afectados en España
• Máis de 3 millóns en risco de padecela
• Principal causa de cegueira en pacientes maiores de 50 anos
A situación
• Galicia está entre as CCAA con maior prevalencia de discapacidade visual
• No mundo hai 285 millóns de persoas que padecen discapacidade visual
• Segundo a OMS, poderíanse evitar ou previr o 80% dos casos de cegueira
• As iniciativas orientadas á prevención son algunhas das mellores ferramentas para promover a saúde visual.
A exploración fotográfica da retina a través de cámara non midriática
• Sinxelo e inocuo
• Descarta as principais enfermidades da retina
• Sistema adecuado para a detección precoz das principais causas de cegueira
• Informe con orientación diagnóstica
• Informe con criterios de derivación
